Matrícula curso 2022-23
Ola familias:
Os nenos e nenas admitidos para o curso 2022-2023 deberán formalizar a matrícula de forma presencial no centro (dende 1 ata 10 de xuño), previa cita asignada de forma telefónica (serán chamados pola escola). Ese día deberán entregar (dentro dunha funda tamaño folio transparente) toda a documentación colgada nesta sección, debidamente cuberta e asinada. Prégase puntualidade.
Se por calquera motivo non desexan a praza agradeceriamos ser informadas para chamar ós nenos e nenas das listas de agarda. No caso de non se formalizar a matrícula no prazo, os nenos e nenas perderán a praza na escola.
O alumnado de renovación só deberá entregar a solicitude de inscripción cos datos actualizados (Importante actualizar o horario para o próximo curso)
DOCUMENTACIÓN PARA FORMALIZAR A MATRICULA curso 2021/2022
- Fotocopia dos DNI dos pais o titores (ámbolos dous).
- Certificado médico do/a neno/a (non é necesario oficial)
- Fotocopia vacinas actualizado.
- Fotocopia da tarxeta sanitaria.
- 6 fotos carné.
- Solicitude de inscrición
- Domiciliación bancaria.
- Encher e asinar os formularios e anexos publicados nas seguintes ligazóns.
A continuación prema nas seguintes ligazóns para descargar a documentación: