Matrícula curso 2023-24

Ola familias:

Os nenos e nenas admitidos para o curso 2023-2024 deberán formalizar a matrícula de forma presencial no centro (dende 1 ata 20 de xuño), previa cita asignada de forma telefónica (serán chamados pola escola). Ese día deberán entregar (dentro dunha funda tamaño folio transparente) toda a documentación colgada nesta sección, debidamente cuberta e asinada. Prégase puntualidade.

Se por calquera motivo non desexan a praza agradeceriamos ser informadas para chamar ós nenos e nenas das listas de agarda. No caso de non se formalizar a matrícula no prazo, os nenos e nenas perderán a praza na escola.

O alumnado de renovación só deberá entregar a solicitude de inscripción cos datos actualizados (importante actualizar o horario para o próximo curso) e o Anexo V (saídas e excursións) para os nenos e nenas das aulas de 2-3 anos.

DOCUMENTACIÓN PARA FORMALIZAR A MATRICULA curso 2023/2024

  • Fotocopia dos DNI dos pais o titores (ámbolos dous).
  • Certificado médico do/a neno/a (non é necesario oficial)
  • Fotocopia vacinas actualizado.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria.
  • 6 fotos carné.
  • Solicitude de inscrición
  • Domiciliación bancaria.
  • Encher e asinar os formularios e anexos publicados nas seguintes ligazóns.

A continuación prema nas seguintes ligazóns para descargar a documentación:

ANEXOS SOLICITUDE INSCRICIÓN DOMICLIACIÓN BANCARIA