Actividades Bonecos
1) Facemos unha maraca
Propóñovos unha actividade para facer na casa con materiais reciclados, moi sinxela e que poida aproveitar ao máximo unha vez feita.
Obxectivos:
- Desenvolver a motricidade fina
- Reciclar
- Coñecer novos instrumentos
Materiais:
- Envase de oigur bebible
- Papel film
- Gomiña do pelo
- Arroz ou lentellas
- Pegatinas
Desenvolvemento:
Para facer a nosa maraca comezamos por lavar moi ben o envase dun iogur bebible e quitamoslle a etiqueta.
A continuación, pegamos pegatinas/gomets para decoralo como máis nos guste (os máis pequenos necesitaremos a axuda dun adulto para que os despegue do papel y, de seguido, nos pegaremolos no envase).
Unha vez xa temos o nostro envase decorado, procedemos a introducir un puñado de arroz ou lentellas y, o adulto, pecharanos o envase para que non se escape ningún gran cun trociño de papel film y unha gomiña do pelo. E xa temos lista a nosa maraca para tocar!
2) Manipulamos flores
Ahora que podemos saír un tempo fóra e estamos na tempada de primavera, suxerímosche unha actividade que podes poñer en práctica cando vaiades dar un paseo e así estar en contacto coa natureza. Tamén podedes facelo con material reciclado.