Apertura de prazo de solicitudes de praza para o curso 2025/2026

Ábrese o prazo para a solicitude de praza na Escola Infantil Municipal para o curso 2025/2026:

  • Renovación de praza: do 1 ao 15 de marzo de 2025, ambos incluídos
  • Novas solicitudes de praza: do 20 de marzo ao 15 de abril de 2025, ambos incluídos.

As persoas solicitantes deberán presentar o formulario de solicitude 03001 debidamente cuberto e asinado e aportando a documentación. A presentación da solicitude e documentación realizarase preferentemente por sede electrónica (sede.vilagarcia.gal) ou presencialmente no Rexistro Xeral do Concello.

A continuación facilitamos os documentos:

ANEXO II DOC INFORMATIVO
NORMAS DE FUNCIONAMIENTO
E03003 ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL SOLICITUDE