Apertura de prazo de solicitudes de praza para o curso 2024/2025

Ábrese o prazo para a solicitude de praza na Escola Infantil Municipal para o curso 2024/2025:

  • renovación de praza: do 1 ao 15 de marzo de 2024
  • novas solicitudes de praza: do 20 de marzo ao 15 de abril de 2024

As persoas interesadas poden descargar e cubrir o formulario 03003 na sede electrónica do Concello sede.vilagarcia.gal no apartado «formularios de solicitude». Unha vez cuberta a solicitude e o anexo I, deben presentala xunto coa documentación indicada a través da sede electrónica ou de forma presencial no Rexistro Xeral do Concello de Vilagarcía de Arousa.

Para mais información deben consultar o Anexo II- documento informativo de solicitude de praza e Anexo III-normas marco de funcionamento.

A continuación facilitamos os documentos:

EIM_SOLICITUDE+ANEXOI
EIM_ANEXOII_DOCUMENTO_INFORMATIVO
EIM_ANEXOIII_NORMAS_FUNCIONAMENTO