Mais propostas para facer con “Bonecos na casa”
Continuamos coa cuarta entrega de videos. Como xa sabemos que non ides poder vir facer experimentos, cantar, bailar,… na escola ata setembro, queremos dende aquí seguir cantándovos, contándovos e propoñéndovos actividades moi sinxelas para que fagades en familia.
SECCIÓN DE ACTIVIDADES:
Aquí tendes unhas propostas de actividades moi divertidas e doadas de facer na casa cos vosos peques. Desexamos que sexan do voso agrado.
1) Facemos pintura coa profe Montse
Ola…hoxe propóñovos unha actividade para experiementar. Facemos pintura comestible. Probádea!.
2) Facemos uns prismáticos coa profe Noe
Neste vídeo a profe Noe mándavos un saúdo e explícavos como facer uns prismáticos con material reciclado. Que divertido!!
3) Xogamos cos animais coa profe Ana
Nesta ocasión a profe Ana fainos varios xogos e actividades divertidísimas con animais.
4) Profe Belén: Motricidade fina
Esta semana imos traballar un pouco cas mans e para elo a profe Belen déixavos unhas propostas. Espero que vos gusten. Moitos bicos.
Deixámosvos a ficha dunha das actividades: Pincha aquí para descargar Taboleiro de tamaños
5) Taboleiro de tamaños coa profe Susi
Neste vídeo faremos un taboleiro e xogaremos cos tamaños coa profe Susi.
SECCIÓN DE LECTURAS:
Co obxectivo do fomento da lectura, deixámosvos algúns contos cantados e contados polas “profes”.
1) Cantamos o conto da lúa coa profe Marisé
A profe Marisé cántavos o conto que tanto vos gusta: Lúa, lúa, lúa
2) A Profe Nikole vos le o conto do Crocodrilo
A profe Nikole vos le un conto que vos encanta: Crocodrilo
3) “O monstrou de cores” coa profe Eva
Como este é o último vídeo de actividades que subirei aproveito para contarlles os meus peques un conto que lles gusta moito: “O monstro de cores”
4) A profe Loli cóntavos o conto “¿Quen hai dentro?”
A profe Loli vos le un conto moi divertido no que traballamos a imaxinación, a rima, a adiviña e o misterio.