Celebrámolo día da Familia

Hoxe queremos celebrar con vos o día da familia publicando uns videos con propostas de cancións, contos, actividades que podedes facer na casa cos vosos fillos e fillas. Esperamos que vos divirtan e vos transmitan o amor co que están feitos. Disculpade a calidade, facemos o que podemos.

Profe Rocío:

Título: cubetas sensoriais
Descrición Con esta actividade pretendemos estimular o tacto a través das mans e, especialmente, dos pes. É unha actividade que pódese levar a cabo toda a familia. Espero que vos guste.

Profe Loli:

Título: Experimentamos coas cores

Descrición: Ola familias. Benvid@s ó aula de Loli. No seguinte vídeo preséntovos a proposta para esta semana con axuda de algunhas imaxes. Espero que vos guste.
Saúdos!

Profe Marisé:

Título: Falamos da Primavera (coa profe Marisé)!!

Descrición: Conversaremos sobre ela e desenvolveremos a memoria…!!!

Profe Eva:

Título: Facemos un colar

Obxectivos:

  • Traballar a motricidade fina.
  • Favorecer a concentración.
  • Desenvolver a coordinación óculo manual.

Materiais:

  • Cordón/ goma
  • Macarróns

Descrición:
Ola a todos, estou aquí de novo para propoñer outra actividade. Esta vez consiste en facer un colar con macarróns.
Na clase xa traballamos facendo actividades parecidas como ensartar macarróns sobre unha base, algo que lles gustou moito no seu momento por iso propoño facelo de novo.
Podemos deixar que antes collan algo de práctica utilizando palliñas como se ve no vídeo, así logo farano con máis seguridade.
Temos que ter en conta que canto máis grandes sexan os macarróns, máis doado será de realizar para os peques e desta maneira estarán motivados para continuar coa actividade.
Se vos apetece e queredes que quede máis vistoso podedes pintar os macarróns utilizando pinturas ou colorante para alimentos.

Espero que vos guste. Unha aperta!

Profe Miriam:

Título: Caixa de texturas

Descrición: A profe Miri propón elaborar unha caixa de texturas empregando material reciclado que podemos atopar na casa. Animádesvos a facela?

Profe Ana:

Título: Experimentamos coa primavera

Descrición: A profe Ana esta vez convídavos a experimentar; para elo crearemos unha árbore de primavera deixando as pegadas dos nosos dedos con pintura en relevo.

Profe Montse:

Título: Conto da eiruga

Descrición: Ola chicos: neste video contovos o conto da eiruga larpeira que tanto vos gusta. A disfrutalo. Espero vervos moi pronto. Moitos bicos.

Profe Mavi:

Título: Canción dos 5 peixes

Descrición: A profe Mavi canta a canción dos 5 peixes e deizavos o link dunha fermosa canción sobre os peixes do mar de Magín Blanco.
Link da canción de Magín Blanco.

Deixovos neste video unha actividade moi doada de facer na casa e a canción dos 5 peixes. Tamén comparto o link dunha fermosísima canción de Magín Blanco: Peixiños do mar. Espero que sexa do voso agrado.

Profe Belén:

A profe Belén contavos o conto dos tres porquiños.

Profe Susi:

Título: Facemos un florero coa profe Susi.

Descrición: A profe Susi propónvos a elavoración dun florero con flores para celebrar que estamos na primavera.

Deixovos abaixo a explicación da actividade en texto:

Novos conceptos Florero primaveral