Matrícula curso 2024-25

Ola familias:

En aplicación do Regulamento da Escola Infantil Municipal, as Normas de Funcionamento e o baremo que figura na Resolución do 11 de marzo de 2024 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de praza nas escolas infantís 0-3 para o curso 2024/25, e as solicitudes presentadas no prazo establecido, dende a área de Servizos sociais publicase a seguinte listaxe definitiva:

1- Listaxe definitiva de novas solicitudes para curso escolar 2024/2025
2- Listaxe definitiva de solicitudes de renovación de praza para curso escolar 2024/2025.

As solicitudes admitidas deberán formalizar a matrícula nas dependencias da Escola Infantil Municipal entre o 4 e o 30 de xuño de 2024, ambos incluídos.
LISTAXE DEFINITIVA CURSO 24/25 SEDE ELECTRÓNICA

DOCUMENTACIÓN PARA FORMALIZAR A MATRICULA curso 2024/2025

  • Fotocopia dos DNI dos pais o titores (ámbolos dous).
  • Certificado médico do/a neno/a (non é necesario oficial)
  • Fotocopia vacinas actualizado.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria.
  • 6 fotos carné.
  • Solicitude de inscrición
  • Domiciliación bancaria.
  • Encher e asinar os formularios e anexos publicados nas seguintes ligazóns.

A continuación prema nas seguintes ligazóns para descargar a documentación:

ANEXOS SOLICITUDE INSCRICIÓN DOMICLIACIÓN BANCARIA