ÚLTIMAS PROPOSTAS DE ACTIVIDADES DAS PROFES DA ESCOLA INFANTIL

Continuamos coa quinta e última entrega de vídeos. As seguintes propostas están baseadas en actividades relaxantes como por exemplo as emocións ou algúns contos sobre as aventuras onde os protagonistas son os animais.

SECCIÓN DE ACTIVIDADES:

Aquí tendes uns contos e algunha actividade para facer na casa cos vosos peques. Desexamos que sexan do voso agrado

¡FELIZ VERÁN! ¡ DISFRUTÁDEO!

A QUE SABE A LÚA CA PROFE LOLI

Nesta ocasión a profe Loli cóntavos un conto. Esperamos que vos guste moito. ¿Cantos animais podedes contar?

CONTO DE CU_CU CA PROFE NIKOLE

A continuación a profe Nikole cóntavos un conto moi entretido para que vaiades coñecendo os animais.

DESPEDIDA DAS PROFES

No seguinte vídeo as profes da escola infantil cántanvos una canción moi coñecida por todos os alumnos do centro.

AS EMOCIONS COA PROFE BELEN

Nesta ocasión a profe Belén déixavos unhas propostas para traballar as emocións cas vosas familias moi divertidas.

 

A PROFE MIRIAM E O CONTO DA BOLBORETA RITA

A profe Miriam trae un conto moi divertido sobre unha bolboreta que se chama Rita. Esperemos que vos guste.

COCORICO CA PROFE SUSI

A continuación a profe Susi ten unha historia sobre un poliño que se chama Cocorico.

BONECOS VILAGARCIA EN TEMPOS DE COVID-19

O equipo educativo da escola quere expresar o sentimento de ledicia por compartir con tod@s @s nen@s desta escola todas as actividades, experiencias que se desenvolveron pero temos o mesmo tempo a tristeza e frustración de non poder rematar e levar a cabo o que tiñamos programado; as saídas, as visitas dos pais e nais á escola que noutros anos si puidemos realizar.

Coa axuda de Rafa Sabugueiro puidemos reunir imaxes de actividades realizadas durante o curso e así homenaxear @s nen@s de 2-3 anos.

Esperamos que vos guste e desexámosvos unha boa viaxe na aventura que ides comezar os nenos que remates este ciclo da educación infantil.

Os nenos que seguiredes con nos, dicirvos que pasedes un bo verán e vémonos en setembro con moita ilusión por poder comezar esta nova aventura.